A PEDREIRA chega con “BASAL” á Sala Rebullón.Venres 21 de novembro ás 22:00h, dentro da programación do Día da Música, e grazas ao apoio de INAEM e ACCES.O concerto de “Basal” de A Pedreira naceu nun teatro baixo a bandeira da inclusión e da diversidade e converteuse nun animal vivo, cambiante, capaz de embelesar o Festival de Sines de Músicas do Mundo ou un concerto surpresa do rural galego.Acompañada dunha banda espectacular con Lorena Cachito, Alejandro Vargas e Mauricio Caruso, nesta ocasión contará ademais coa colaboración especial da nosa Uxía Senlle, o que fará deste, un concerto único e moi especial.Basal é unha experiencia libre, segura, sana para bailar, cantar, berrar, converténdose nun brindis para celebrar a vida.
Tu navegador no permite cookies de terceros. Para realizar la compra con éxito, es necesario almacenar nuestras cookies en tu navegador. Haz click en el botón de abajo para abrir la web en una nueva ventana.